Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bamba recibe a alta médica e estará ante o Real Madrid

Bamba recibe a alta médica e estará ante o Real Madrid

Mihailo Ristic tamén podería reaparecer ante o Real Madrid

G24.gal 08/10/2024 15:20 Última actualización 08/10/2024 15:34

O internacional costamarfilense Jonathan Bamba recibiu este martes a alta médica, polo que estará ao dispor de Claudio Giráldez para o próximo compromiso ligueiro contra o Real Madrid en Balaídos.

O extremo do Celta, que se perdeu o último partido ligueiro ante a UD As Palmas por unha lesión de xeonllo, completou ao mesmo ritmo que os seus compañeiros o adestramento desta mañá na cidade deportiva Afouteza, tras o cal os médicos celestes déronlle a alta médica.

Unha sesión de traballo en que tamén participou o lateral esquerdo serbio Mihailo Ristic, que tamén podería reaparecer ante o Real Madrid. O defensa lesionouse no quecemento previo ao debut ligueiro ante o Alavés e desde entón permaneceu de baixa. Á marxe do equipo volveron a exercitarse o centrocampista brasileiro Jailson Marques, por unha rotura fibrilar no adutor, e o estadounidense Luca de la Torre, por unha tendinite no nocello dereito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos