Bebeto e Mauro Silva desbotan estar na homenaxe do Teresa Herrera
Bebeto e Mauro Silva desbotan estar na homenaxe do Teresa Herrera
Os dous xogadores sacaron un comunicado onde falan de "desacordo significativo sobre a axenda na estadía na Coruña"
O Teresa Herrera deste mes de agosto ía ser unha festa coa homenaxe a dous símbolos do deportivismo como Bebeto e Mauro Silva. A presenza do Bragantino, equipo do que chegou procedente o centrocampista, como rival do Deportivo tiña esta xustificación.
Pero a última hora deste xoves os dous xogadores sacaban un comunicado no que desbotaban a posibilidade de estar en Riazor no que falan de "desacordo significativo sobre a axenda na estadía na Coruña".
Comunicado asinado por Bebeto e Mauro Silva explicando a súa ausencia no vindeiro Teresa Herrera
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) July 27, 2023
Ían ser homenaxeados no @RCDeportivo vs Bragantino 🇧🇷 pic.twitter.com/OtD1zNBq2Z
O club reaccionou e agarda "reconducir unha situación que estamos convencidos que foi un malentendido" intentando que a razón de ser do partido non se derrube.