Publicador de contidos
Publicador de contidos

Benítez: "O triunfo é un premio para os xogadores e os afeccionados"

Benítez: "O triunfo é un premio para os xogadores e os afeccionados"

Sobre Williot: "Teño moita confianza nel. Adéstrase fenomenal e ten un gran futuro. Hai que ir pouco a pouco".

A aparición de Hugo Álvarez: "Hai que ter cautela, 1ª RFEF non é Primeira División"

G24.gal 04/01/2024 07:21 Última actualización 04/01/2024 16:00

Rafa Benítez non podía esconder a satisfacción do triunfo no minuto 96 e de deixar os postos de descenso xusto na última xornada da primeira volta.

"É un premio para os xogadores, que veñen traballando moi ben, e para os afeccionados, que sufriron tanto", comezou dicindo o adestrador. 

Sobre a aparición de Williot Swedberg, decisivo nas vitorias diante do Almería e contra o Betis malia non ter máis que 70 minutos en toda a primeira volta Benítez asegurou que "teño moita confianza nel. Adestra fenomenal e ten un gran futuro. Hai que ir pouco a pouco".

Outro dos xogadores que destacou nos poucos minutos que estivo no campo foi o canteirán Hugo Álvarez. Deulle o pase de gol a Williot e deixou pegada de gran futbolista, esa que demostra todos os partidos co filial. Benítez pide cautela: "Primeira RFEF non é Primeira División. Hai unha gran diferenza. Cando un equipo está abaixo e sufrindo é máis difícil que un rapaz novo faga o mesmo que fai no filial".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos