Publicador de contidos
Publicador de contidos

Benítez, sobre a chegada de fichaxes: “Temos varias cousas abertas”

Benítez, sobre a chegada de fichaxes: “Temos varias cousas abertas”

Confirmou que busca un porteiro “con experiencia” para pelexar pola titularidade con Iván Villar e Agustín Marchesín

G24.gal 18/08/2023 12:50 Última actualización 18/08/2023 12:57

O adestrador do Celta, Rafa Benítez, asegurou este venres que o seu equipo mantén “varias cousas abertas” para reforzar o seu platel antes de que se peche o mercado de fichaxes, e confirmou que busca un porteiro “con experiencia” para pelexar pola titularidade con Iván Villar e Agustín Marchesín: 

“Falei con varios futbolistas para tratar de convencelos. Temos 3, 4 ou 5 opcións, non vou dicir o posto, pero igual falas con 4 xogadores para asinar 2 ou falas con 6 para traer 3". 

"Niso estamos. Temos varias cousas abertas, espero que en calquera momento vaiamos pechando algunhas”, manifestou.

Na conferencia de prensa previa ao partido contra a Real Sociedade, o técnico celeste confirmou que o porteiro internacional arxentino Agustín Marchesín está “moi preto” de recibir a alta médica tras máis de 7 de meses de baixa por unha rotura do tendón de Aquiles.

Con todo, a dirección deportiva que lidera Luís Campos segue buscando un gardameta “con experiencia” para aumentar “a competencia” co arxentino e Iván Villar, titular na primeira xornada ante Osasuna: 

“Non é o mesmo ir ao mercado con diñeiro fresco o 1 de xullo que ir agora con máis limitacións”, advertiu Benítez.

Tamén admitiu que a hipotética venda de Gabri Veiga ao Nápoles “axudaría” o equipo para reforzar o persoal aínda que non sería determinante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos