Publicador de contidos
Publicador de contidos

Boiro e Pontevedra, con 27,3 e 27,2 graos, baten o récord de calor nun mes de novembro

Boiro e Pontevedra, con 27,3 e 27,2 graos, baten o récord de calor nun mes de novembro

O anterior récord de temperatura máxima en novembro rexistrárase en Pontevedra en 1970, cando se chegou aos 27 graos

G24.gal 02/11/2024 21:01

Temperaturas atípicas para un dÍa de outono que ben parecía verán. Os 27,3 graos que marcaron hoxe os termómetros no concello de Boiro, e os 27,2 en Pontevedra son as temperaturas máis altas rexistradas nun mes de novembro en Galicia.

Con estas temperaturas, nas horas centrais do día sobraban os abrigos, como se puido ver en Ourense, nas terrazas de Santiago, ou mesmo xa á tardiña nas rúas de Pontevedra.

A máxima deste sábado, segundo a serie histórica da Axencia Estatal de Meteoroloxía, supera en dúas décimas o anterior récord dun mes de novembo en Galicia: os 27 graos que se alcanzaran en Pontevedra tal día coma este sábado de 1970.

O domingo fará algo menos de calor, cunha máxima prevista de 25 graos en Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade