Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bota a andar un Liceo con catro trocos e coa ambición intacta

Bota a andar un Liceo con catro trocos e coa ambición intacta

Tiago Rodrigues, Tomás Pereira, Pablo Cancela e Bruno Saavedra son as novas incorporacións

G24.gal 03/08/2023 15:40

Outro ano máis o Liceo terá que reinventarse. Unha nova temporada en que tentará ser alternativa ao poderoso Barcelona e na que tivo que afrontar importantes baixas.

Chegan para reforzar o grupo catro xogadores. Os portugueses Tiago Rodrigues e Tomás Pereira e os galegos Pablo Cancela, de longa traxectoria e experiencia, e Bruno Saavedra, con todo o futuro por diante. 

"Fixemos un equipo con moito sentido", comenta Juan Copa, que volverá a capitanear a nave verde. "Sempre que o Liceo sae á pista ten que loitar por todos os títulos, tanto en España como en Europa", comenta Tiago Rodrigues, o novo porteiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos