Cae o goberno dos Países Baixos por diferenzas nas leis de asilo
Cae o goberno dos Países Baixos por diferenzas nas leis de asilo
O primeiro ministro Mark Rutte esixiu aos seus socios a restrición do reagrupamento dos familiares directos dos refuxiados de guerra
A coalición de centrodereita que gobernou Os Países Baixos caeu este venres por diferenzas sobre a reforma do sistema do asilo, despois de que o primeiro ministro, Mark Rutte, esixise aos seus socios a restrición do reagrupamento dos familiares directos dos refuxiados de guerra, asegura a prensa local.
Os catro partidos que conforman o Goberno estiveron en desacordo durante meses sobre como xestionar a afluencia de refuxiados, pero a situación tensouse o mércores, cando Rutte puxo sobre a mesa limitar a 200 os familiares de refuxiados reagrupados ao mes e un período de espera de dous anos antes de que poidan viaxar a Países Baixos.
Esa proposta foi considerada inviable polos progresistas D66, pero sobre todo por Unión Cristiá (CU), un socio para o que o respecto á familia é unha liña vermella.