Cargando resultados...
Carl Starfelt e Mihailo Ristic non xogarán ante o Betis por lesión
Carl Starfelt e Mihailo Ristic non xogarán ante o Betis por lesión
O sueco ten unha rotura muscular e o serbio, unha elongación no bíceps femoral dereito
Foto @RCCelta
G24.gal
29/12/2023 14:44
Última actualización 29/12/2023 14:51
O internacional sueco Carl Starfelt sofre unha rotura muscular no semimembranoso da coxa dereita, segundo informou este venres o R. C. Celta, que non especifica o tempo que deberá permanecer de baixa. O defensa central, un das fichaxes estivais do equipo vigués, lesionouse no último partido do 2023 ante o Vilarreal, tendo que ser substituído no descanso polo seu compañeiro Carlos Domínguez.
No Estadio da Cerámica tamén se lesionou o lateral esquerdo serbio Mihailo Ristic, quen tamén perderá o primeiro partido do novo ano ante o Betis, despois de que as probas médicas revelaran que sofre unha elongación no bíceps femoral dereito.