Claudio, centrado no sábado: "Temos que miralos aos ollos e impoñernos no que somos mellores ca eles"
Claudio, centrado no sábado: "Temos que miralos aos ollos e impoñernos no que somos mellores ca eles"
Claudio, centrado no sábado: "Temos que miralos aos ollos e impoñernos no que somos mellores ca eles"
"Será un pracer ver a Mbappé en directo", confesa o adestrador porriñés
Tivo quince días o Celta para preparar o partido do Real Madrid. Despois da vitoria no campo da Unión Deportiva As Palmas xogando con nove durante máis de media hora a moral está por todo o alto na casa do Celta malia saberen que non van poder contar con Aspas e con Moriba.
O adestrador celeste analizou o encontro para a Televisión de Galicia. En primeiro lugar confesou que vai ser "un pracer ter en fronte xogadores como Mbappé". Giráldez desfíxose en eloxios co francés e cos seus compañeiros. "Teño ganas de velo en directo, a el e a todos os xogadores do Real Madrid, non podemos centrarnos nun só".
Pero tamén manda unha mensaxe moi clara ao vestiario e ao público, entusiasmado coa maneira de entender o fútbol e afrontar os partidos do adestrador formado na canteira celeste: "Temos que miralos aos ollos e tratar de impoñerse no que penso que podemos ser mellores ca eles". Seguro que Claudio Giráldez ten algunha sorpresa preparada para tenderlle unha emboscada ao último campión da Champions.