Cargando resultados...
Coidar a saúde a través do baile
Coidar a saúde a través do baile
É unha actividade que mestura diversión e exercicio, ademais de promover a interacción social. Acudir regularmente bailar ou a clases para aprender a moverse ao ritmo da música axuda a manterse activo e saudable.
G24.gal
05/10/2024 15:30
É un xeito de entretemento pero con numerosos beneficios tanto para saúde física como mental. Falamos do baile. Ademais de axudarnos a manter activo o noso corpo, reduce os niveis de estrés e ansiedade e fortalece as relacións sociais. Por iso cada vez son máis os que se animan a acudir a clases para aprender diferentes estilos. O máis demandado nestre intre, os bailes latinos, especialmente a bachata.