Publicador de contidos
Publicador de contidos

Suspense na primeira vitoria do Rácing como visitante (0-1)

Suspense na primeira vitoria do Rácing como visitante (0-1)

Álvaro Giménez marcou o único gol do partido no minuto 92 nunha xogada que foi revisada polo VAR por fóra de xogo

G24.gal 12/10/2024 17:53 Última actualización 12/10/2024 18:32

Un gol de Álvaro Giménez no minuto 92 deulle o primeiro triunfo como visitante ao Rácing, unha xogada con moito suspense porque foi revisado polo VAR por un posible fóra de xogo. 

Cartaxena e Rácing chegaban á cita nunha situación clasificatoria comprometida e ningún dos dous quixo arriscar de máis. O traballo defensivo foi o prioritario para os dous adestradores e non deron ningunha concesión para que chegaran os goles -e as ocasións-. 

Comezou ben o Rácing o primeiro tempo, co dominio do coiro e con moita personalidade. A esa boa intención faltoulle ameazar en ataque. Nin un só remate a portería nos primeiros 45 minutos. O Cartaxena tampouco fixo moito máis. Buscaba algunha contra aínda que sen ameazar ao porteiro ferrolán. 

O conxunto local deu un paso adiante ao comezo da segunda metade. Saíu con moita ambición en ataque e tiveron algunha posibilidade nas botas de Cedric ou Luís Muñoz. O Rácing asentou o traballo defensivo e acabou controlando o encontro. O prioritario era manter, por segundo partido consecutivo, a porta a cero. 

No engadido pasaron as cousas máis importantes no encontro. Unha falta tocada por Naldo e rematada por Álvaro Giménez puxo o único gol do partido. O árbitro anulouno pero, despois de tirar as liñas no VAR, concedeu o tanto. E xusto despois o Cartaxena tivo a mellor ocasión de todo o partido pero salvou a defensa dun Rácing que sumou a segunda vitoria seguida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos