Cargando resultados...
Confirmada a incomparecencia do Estremadura en Riazor
Confirmada a incomparecencia do Estremadura en Riazor
G24.gal
14/11/2021 12:11
A imaxe da vergoña da Primeira Federación confirmouse. O Estremadura non apareceu no estadio de Riazor e o colexiado e o Deportivo asinaron a acta sen a presenza do rival coruñés. O equipo dirixido polo galego Manu Mosquera tomou a determinación logo de seis meses sen percibir o salario do club.
O Deportivo programou unha sesión de adestramento e gañará o partido por 3-0 pola non comparecencia do seu rival.