Cribados e novos medios de diagnóstico e tratamento reforzan a loita contra o cancro
Tres cribados poboacionais -de cancro colorrectal, mama e cérvix- e dous proxectos piloto -para pulmón e próstata-, todos cunha notable participación, están a permitir a detección en etapas máis temperás
Grazas á investigación mellorou moito o prognóstico dos pacientes. A mala noticia é que a incidencia segue medrando.
Desde hai un cuarto de século, o 4 de febreiro é o Día Mundial contra o Cancro. Unha enfermidade grave, pero para a que neste tempo se lograron moitos avances. Grazas á investigación mellorou moito o prognóstico dos pacientes. A mala noticia é que a incidencia segue medrando.
Segundo a última edición do Rexistro galego de tumores, os cancros de maior incidencia en Galicia son o de próstata en homes e o de mama en mulleres. Pero medra a incidencia de todos.
Tres cribados poboacionais -de cancro colorrectal, mama e cérvix- e dous proxectos piloto -para pulmón e próstata- todos cunha notable participación cidadá, están a permitir a detección en etapas máis temperás.
A loita contra esta enfermidade ocupa hoxe case un 60 por cento dos proxectos de investigación biomédica. Son estudos ligados a avances científicos e técnicos que van permitindo detectalo antes e tratalo mellor.