Publicador de contidos

Publicador de contidos

Policías negan que se manipularan as escoitas aos acusados da rede de Sito Miñanco

Policías negan que se manipularan as escoitas aos acusados da rede de Sito Miñanco

No banco sentan 45 persoas acusadas de intentar introducir en España case catro toneladas de cocaína 

O fiscal pide máis de 31 anos de cárcere para Miñanco

Sito Miñanco chegando ao xulgado o pasado 18 de novembro/EP Sito Miñanco chegando ao xulgado o pasado 18 de novembro/EP
G24.gal 10/02/2025 22:33

Peritos da Policía Nacional negaron no xuízo que se manipulasen as gravacións sonoras tomadas en coches e un chalé de conversacións de investigados pola súa suposta pertenza á rede do histórico narcotraficante galego José Ramón Prado Bugallo, Sito Miñanco.

A Audiencia Nacional celebrou a xornada número 18 do xuízo da Operación Mito, no que sentan no banco 45 acusados, entre eles Sito Miñanco, para quen a Fiscalía pide 31 anos e seis meses de prisión polo intento de introducir en España en 2017 case catro toneladas de cocaína procedente de Sudamérica, a ocultación de máis de 11 millóns de euros e o branqueo do diñeiro.

Entre os acusados atópase tamén Gonzalo Boye, o coñecido avogado do expresidente de Cataluña Carles Puigdemont, que se enfronta a unha petición da Fiscalía de 9 anos e 9 meses de prisión por suposto branqueo de capitais e falsificación de documento oficial.

Na xornada deste luns compareceron policías que emitiron informes periciais das gravacións efectuadas aos acusados con dispositivos colocados por axentes encargados da investigación en vehículos e nun chalé de Vilargarcía de Arousa.

Os axentes aseguraron que o sistema utilizado garante que chegou ao Xulgado encargado da causa a integridade das gravacións "sen que ninguén tocase nin manipulase nada".

Por contra, especialistas que elaboraron informes periciais encargados polas defensas estimaron que non se garantiu unha real cadea de custodia e que os arquivos sonoros puideron ser modificados.

Ante esta discrepancia, o tribunal decidiu comprobar directamente co servidor policial utilizado se o contido do material enviado pola Policía en formato DVD ao Xulgado recolle fielmente as gravacións efectuadas.

Nun momento no que os interrogatorios aos peritos se alongaban, o presidente da Sala, Félix Alfonso Guevara, interrompeu para lembrar que o único obxecto desta proba pericial é determinar se os audios foron manipulados e comentou: "Que cren que me vou a xubilar aquí? Si, voume xubilar aquí pero non con isto".

Seguidamente expulsou aos acusados da Sala por non gardar silencio e facer comentarios durante o interrogatorio a un dos peritos policiais.

E por último o maxistrado advertiu ás defensas: "Levamos toda a mañá simplemente dicindo que sospeitamos da Policía".

A Sala suspendera o pasado 28 de xaneiro o xuízo "sine die" ante a imposibilidade dun dos acusados, Santiago O.M., a comparecer por problemas de saúde.

Finalmente a vista renovouse este luns ao permitir o tribunal que Santiago O.M., para quen a Fiscalía pide cinco anos de prisión por suposto delito de branqueo de capitais, poida declarar por videoconferencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade