Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristóbal avisa do perigo do Elxe, que visita mañá a Malata

Cristóbal avisa do perigo do Elxe, que visita mañá a Malata

O técnico recoñece as virtudes dun dos equipos con mellor forma da liga

A principal novidade é a entrada na convocatoria do xuvenil David Carballo

G24.gal 30/03/2024 13:00

O Rácing xoga mañá ás catro e cuarto na Malata, intentando achegarse aos postos de privilexio tras o empate en Albacete e cunha novidade importante na convocatoria. No adestramento previo destacou o xuvenil David Carballo, convocado polas baixas de Señé e Chuca. Cristóbal confirmouno trala sesión e destacou o xogo e o bo traballo do equipo rival. E tamén se referiu ao mal fario cos penaltis logo dos dous erros no Carlos Belmonte.

Sobre o xuvenil David Carballo:

"Estanos axudando moito, está traballando moi ben. Mañá irá convocado ante as baixas de Señé e Chuca porque creo que o merece".

O análise do Elxe e o partido:

"Xogan moi ben ao fútbol. Teñen as ideas moi claras, está moi ben traballado e aperta moito. Cando non ten balón, é valente. Con balón teñen bos movementos grupais, saben ben o que fan. É un partido complicado e difícil".

"Se hai un penalti decidirei eu quen o tira".

Sobre os seaeiros:

"Que sigan axudándonos e apoiándonos. Nós intentamos devolverlle ese apoio incondicional que temos da nosa afección".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade