Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dava Torres e César Carballeira, liceístas ata 2027

Dava Torres e César Carballeira, liceístas ata 2027

Contaban con ofertas, pero manteñen a súa relación co Liceo

G24.gal 22/12/2023 15:33 Última actualización 22/12/2023 15:38

O Deportivo Liceo, Dava Torres e César Carballeira continuarán da man, como mínimo, ata o ano 2027. Os dous capitáns do conxunto dirixido por Juan Copa, auténticos alicerces do club verdibranco, seguirán vestindo as cores do equipo da súa cidade.

Dava (1994) e César (1996), coruñeses son as caras visibles da identidade 100 % local do proxecto liceísta, asinaron este venres os seus novos contratos nas instalacións de Estrella Galicia, patrocinador principal do Deportivo Liceo.

David Torres Pastoriza defende o verde e o branco de forma ininterrompida desde o ano 2015, tras destacar no Cerceda e no Club Patí Vic. Co Liceo ergueu unha OK Liga (2022), unha Copa do Rei (2021) e tres Supercopas de España (2016, 2018 e 2021). Actualmente é un dos máximos goleadores históricos da entidade.

César Carballeira Domínguez, ‘O Neno do Cole’, comezou a xogar ao hockey no Liceo La Paz e escalou por todas as categorías inferiores do club. Non tardou en chegar ao primeiro equipo e destacar. Emigrou a Reus, onde xogou por dúas tempadas, antes de volver a enrolarse no Liceo. Na Coruña, como Dava, ergueu tódolos títulos nacionais sempre envolto na bandeira da súa terra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos