David Castro incorpórase á lista dun Rácing necesitado de vitorias
David Castro incorpórase á lista dun Rácing necesitado de vitorias
O de Curtis leva catro meses sen xogar un partido
O Rácing aínda non conseguiu gañar ningún partido nestas seis xornadas
David Castro pode empezar a defender o seu posto no Rácing. Mais de catro meses despois do seu último partido. Unha lesión nunha deda deixárao fóra a finais da temporada pasada. E na actual, freouno un virus con ingreso hospitalario incluído.
Faltaralle ritmo de competición pero o central de Cuntis xa viaxou hoxe co equipo a Córdoba. Unha boa nova que pode ser un símbolo para a recuperación do Rácing neste mal inicio de campaña.
3 empates e 3 derrotas acumula o Rácing. O Córdoba non navega en mellores augas. A súa única vitoria acadouna hai quince días no Nuevo Arcángel ante o Deportivo. Despois, caeu goleado en Huesca, cun contundente 4-1. O Rácing buscará o seu primeiro gol fóra da casa e a primeira vitoria que sanee a ilusión racinguista. Tocada neste primeiro mes de temporada.