Svensson permite que o Deportivo vaia en vantaxe a Castellón
Svensson permite que o Deportivo vaia en vantaxe a Castellón
O equipo coruñés recolleu unha mínima vantaxe que terá que facer boa o vindeiro domingo (18:00)
O Deportivo apañou unha vantaxe dun gol no partido de ida da primeira eliminatoria de ascenso á Segunda División. Terá que facer bo o solitario gol de Svensson no partido de volta do vindeiro domingo en Castalia.
Saíron os dous equipos coas ideas moi claras. O Deportivo buscou unha presión alta e o Castellón a seguridade defensiva e que acontecesen poucas cousas no partido. Houbo ocasións por contagotas, pero o cadro coruñés acumulou tres achegamentos nos que xerou moito perigo sobre a porta visitante.
O segundo tempo comezou cun aviso de Georgi e unha gran parada de Mackay. Non chegaba o Deportivo, pero no 60 Svensson apertou, roubou, conduciu e marcou cun remate cruzado.
Houbo unha acción polémica coa caída de Yeremay na área que o colexiado non considerou como penalti. O Castellón tivo que cambiar o seu plan de partido. Meteu no partido a Fabricio e Raúl Sánchez e comezou a xerar ocasións na área deportivista. A falta de acerto e o bo traballo de Mackay permitiron que o Deportivo vaia en vantaxe a Castalia.