Deportivo e Cartaxena empatan nun partido cheo de despropósitos (2-2)
O equipo coruñés xogou máis de oitenta minutos con dez por expulsión de Ximo Navarro
Villares e Barbero empataron os dous goles que marcou o Cartaxena
O Deportivo salvou un empate diante dun Cartaxena case descendido (2-2) que rozou a vitoria en Riazor. A expulsión de Ximo Navarro no minuto 7 do primeiro tempo marcou un encontro no que o equipo de Gilsanz volveu a deixar malas sensacións xogando como local.
No primeiro tempo apenas houbo oportunidades, só un disparo de Andy que tapou Helton. Moveuse moito máis o encontro no segundo tempo. Yeremay foi o primeiro en buscar un gol que atopou o visitante Andy no minuto 59.
Villares, xogando de lateral todo o partido para cubrir a baixa de Ximo, aproveitou no 69 un pase medido de Mario Soriano para lograr o empate.
O partido era un cúmulo de despropósitos e noutro erro defensivo do Deportivo El Jebari puxo o 1-2 pasada a media hora da segunda parte.
Tiña o triunfo na man o Cartaxena, o primeiro de 2025, ata que no 86 Barbero acadou o definitivo 2-2. E o Deportivo aínda puido acadar algún gol máis pero un remate cruzado de Mella marchou rozando o pau.