Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un afeccionado de Unionistas por agredir a Bernardo Cruz, xogador do Lugo

Detido un afeccionado de Unionistas por agredir a Bernardo Cruz, xogador do Lugo

Os feitos aconteceron no descanso do partido que xogaron este mediodía no estadio Raíña Sofía

G24.gal 13/10/2024 21:56

Un seareiro do Unionistas de Salamanca foi detido por pegarlle unha labazada na faciana ao xogador do Lugo Bernardo Cruz cando os equipos se retiraban no tempo de descanso. A través dun comunicado de prensa, a entidade salmantina condenou o "lamentable" incidente acontecido ao remate do primeiro tempo e indicou que o agresor, logo de ser identificado pola xente de seguridade do club, foi detido pola Policía Nacional. 

"Este feito é contrario aos valores do club e á nosa forma de vivir e gozar deste deporte. O Unionistas está á disposición das forzas e corpos de seguridade do estadio para calquera colaboración que precisen ou estimen oportuna", destaca o club de Salamanca. 

O Lugo agradeceulle ao club salmantino e á Policía Nacional a súa rápida actuación á hora de identificar e expulsar o agresor de Bernardo Cruz. O xogador tamén se pronunciou a través das súas redes sociais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos