Cargando resultados...
Diego López seguirá en Primeira como porteiro do Raio Vallecano
Diego López seguirá en Primeira como porteiro do Raio Vallecano
G24.gal
03/07/2022 08:29
O Raio Vallecano acaba de facer oficial a fichaxe do gardameta galego Diego López. O porteiro de Paradela quedou libre ao final da pasada temporada, logo de varias campañas exitosas no Español de Barcelona. Aos seus 40 anos, Diego López defenderá a portería do Raio en principio ata 2023. Continuará así na máxima categoría do fútbol español.
Malia a súa idade é un porteiro de plenas garantías. Chega con ver os seus números no cadro españolista no que foi titular indiscutible as últimas catro temporadas.
OFICIAL | @DiegoLopezOf es nuevo jugador del Rayo Vallecano para la temporada 2022-23.
— Rayo Vallecano (@RayoVallecano) July 2, 2022
¡Bienvenido, Diego López! ⚡️ pic.twitter.com/zX8qBrsaNm