Publicador de contidos
Publicador de contidos

Emilio Bernad completa a portería do Racing de Ferrol

Emilio Bernad completa a portería do Racing de Ferrol

Chega procedente do filial do Valencia, onde foi o titular indiscutible a temporada pasada

G24.gal 13/07/2023 22:55

O Racing de Ferrol anunciou esta tarde a súa última fichaxe, o porteiro Emilio Bernad. O xogador chega a Ferrol traspasado tras o seu paso pola canteira do Valencia, e mais polo Sabadell durante a temporada 21/22.

O gardameta, que foi internacional sub-19, suplirá a baixa de Diego Rivas, que acabou a súa vinculación co conxunto verde e se retirou do fútbol. Bernad ten 24 anos, 1.84 de altura e sumará competencia a Gianfranco Gazzaniga. Asina contrato por dúas temporadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade