Empate técnico nas eleccións de Ecuador entre Daniel Noboa e Luisa Fernández, que deberán ir á segunda volta
Empate técnico nas eleccións de Ecuador entre Daniel Noboa e Luisa Fernández, que deberán ir á segunda volta
Ambos suman algo máis do 40 % dos votos, pero ningún supera o 50 %, a barreira necesaria para gañar
Noboa cancelou o acto que tiña previsto ao non acadar as expectativas de voto, mentres que González logra os mellores resultados para Revolución Ciudadana sen Rafael Correa como candidato
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250210/eleccionsecuador.png)
As eleccións xerais celebradas este domingo en Ecuador deixan un resultado moi axustado entre os principais candidatos. O actual presidente Daniel Noboa e a candidata correísta Luisa González quedan nun empate técnico. Ambos suman algo máis do 40 % dos votos, pero ningún supera o 50 %, a barreira necesaria para gañar. Deberán ir á segunda volta, prevista para o 13 de abril. Noboa cancelou o acto que tiña previsto ao non acadar as expectativas de voto, mentres que González logra os mellores resultados para Revolución Ciudadana sen Rafael Correa como candidato.
Más de 13,7 millóns de ecuatorianos estaban convocados este domingo ás urnas para elixir as súas autoridades nacionais para o período 2025-2029 —entre elas, quen ocupará a Presidencia e Vicepresidencia—, os 151 integrantes da Asemblea Nacional (Parlamento) e cinco representantes para o Parlamento Andino. As eleccións celebráronse baixo o "conflito armado interno" declarado desde inicios de 2024 por Noboa para combater o crime organizado, principal causante da escalada de violencia e inseguridade que afecta o país, que en 2023 rexistrou a taxa de homicidios máis alta de Latinoamérica.