Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta empata co Xirona nun partido en que foi a máis e no que puido gañar

O Celta empata co Xirona nun partido en que foi a máis e no que puido gañar

Yangel Herrera adiantou o equipo catalán na primeira metade

Iago Aspas entrou no treito final para lanzar ao Celta, que empatou por medio do moañés

G24.gal 29/09/2024 12:48

Minuto a minuto

Ás 14:00h comeza o partido de Balaídos entyre o Celta e o Xirona. Este é o XI inicial que vai presentar Claudio Girádez por parte do Real Club Celta:

 

E este é o XI que vai presentar o Xirona:

 

1'

Comeza o partido en Balaídos co primeiro remate de Carlos Domínguez a saque de falta de Damián

3'

Ocasión para Yangel, boa parada de Guaita pechando o espazo

4'

Cabezada de Abel Ruiz que marcha moi preto do pau

10'

Aproximación do Celta, cun centro de Carreira que se envelena e marcha preto da escuadra

22'

Internada de Danjuma pola esquerda, e o seu centro peta en Moriba e deteno Guaita abaixo

37'

GOL do Xirona. Marca Yangel Herrera de cabeza logo dun centro de Blind. No Celta piden falta sobre Pablo Durán no salto, pero o gol sube ao marcador. Celta 0-1 Xirona

45+3'

Descanso en Balaídos. Celta 0-1 Xirona

46'

Comezou a segunda parte en Balaídos. Celta 0-1 Xirona

49'

Gran xogada pola esquerda de Hugo Álvarez, que entrou no descanso, e a súa asistencia a Borja Iglesias remata en córner

51'

Ocasión para o Xirona con varios rexeitamentos, e cun paradón de Guaita. Pero queda anulada por fóra de xogo

58'

Falta perigosa do Celta, lanza Marcos Alonso, e estrela o balón na barreira

60'

Contra perigosa conducida por Williot, e o seu pase da morte despéxao David López. Na segunda xogada, remata Moriba alto

63'

Balón en profundidade a Pablo Durán, e o remate marcha preto do traveseiro

68'

Contra do Celta, balón en profundidade de Aspas a Hugo Álvarez, que opta por rematar contra a defensa

75'

Ocasión agora de Bryan Gil, que remata ás mans de Guaita

80'

GOOOOOOOOOOOL do Celta. Contra que inicia Iago Aspas, habilita a Hugo Álvarez, que centra para Williot, e este déixalle o balón de cara a Aspas que empata. Celta 1-1 Xirona

85'

Boa ocasión para Williot, pero o seu disparo axustado marcha preto do pau

90'

Córner a prol do Xirona, e entre Solis e Douvikas envían o balón outra vez a córner

90+2'

Disparo de Tsygankov desde a frontal, e para Guaita

90+5'

FInal do partido en Balaídos. Empate a uns entre o Celta e o Xirona, primeiro da temporada para os vigueses

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade