Publicador de contidos
Publicador de contidos

En directo, o Albacete - Deportivo (1-2)

En directo, o Albacete - Deportivo (1-2)

G24.gal 27/09/2024 19:04

Minuto a minuto

O Deportivo chega presionado á cita co Albacete. Unha vitoria en seis partidos, en postos de descenso e só con tres goles a favor. Non son bos números no regreso á categoría de prata. O Albacete, que ven de gañar por 1-4 en Ferrol, atópase nunha situación moito máis confortable: no medio da táboa e con 9 puntos acadados

Xa temos o equipo titular do Deportivo. Mantense Barcia na defensa e entra Mfulu no centro do campo

O equipo do Albacete, co ex deportivista Quiles na dianteira

1

Comezou o partido!!! Con lanzamento do Deportivo protagonizado por Mfulu

5

1-0 GOL DE QUILES. Saque de córner e remata Quiles co pé completamente liberado de marcaxe

11

1-1 GOOOOL DE MELLA. A xogada está sendo revisada polo VAR por un posible fóra de xogo anterior de Lucas Pérez que foi o que meteu o centro ... e finalmente dá validez ao tanto. Dous tiros a portería e temos dous goles

13

1-2 GOOOOOOL DE YEREMAY. Incrible o deste comezo de partido. Agora é o canario o que marca o segundo cando só pasara un minuto desde o saque de centro

18

Máxima efectividade dos dous equipos neste comezo de partido. Tiña unha situación comprometida o Deportivo co gol de Quiles pero nun abrir e pechar de ollos deulle a volta

25

Tiro de Juanma que impacta na faciana de Pablo Vázquez. Ten que ser atendido o asturiano

28

Contra do Deportivo levada por Mella pero o seu centro non é quen de rematalo Barbero

36

Últimos minutos da primeira metade. Domina o Albacete pero con pouca profundidade

41

Contra moi perigosa do Deportivo coa velocidade de Mella. O seu remate sácao o porteiro local a córner

42

Agora é Lucas o que proba sorte desde lonxe. Marchoulle alto

43

Clarísima de Yeremay!!!!! Ximo pon o pase da morte e o canario remata arriba nunha inmellorable posición

45 +2

Gol anulado a Barbero. Outra contra moi rápida pero Lucas, agora sí, estaba en posición clara de fóra de xogo

45 +4

Agus Medina rozando o pau!!! Outro córner que remata o Albacete xerando unha ocasión moi clara. Chégase ao descanso coa vantaxe deportivista

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade