Swedberg rescata o Celta cun gol no minuto 96 (2-1)
Swedberg rescata o Celta cun gol no minuto 96 (2-1)
Nun final de tolos o colexiado anuloulle un gol a Strand Larsen no 85 pero apareceu o sueco para anotar o gol da vitoria
Aitor Ruibal adiantara o Betis no minuto 5 e Aspas empatou de penalti no 16
Minuto a minuto
Última xornada da primeira volta. O Celta ten a opción de acabala fóra dos postos de descenso, pero só lle vale para iso unha vitoria diante do Betis.
Xa temos os equipos!!! Carles Pérez volve ao once titular, é a gran novidade na aliñación
🏟️ Xa temos os onces titulares para o @RCCelta vs @RealBetis
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) January 3, 2024
👉 Carles Pérez volve ser titular
👉 Mingueza no lateral, Kevin suplente pic.twitter.com/ZlSOJ1onGi
Os equipos no terreo de xogo. Vai principiar o partido en Balaídos!!!!
0-1 Isco atopa o pase cara Aitor Ruibal, que marca cun remate cruzado. Mal empeza o partido para o Celta
Boa chegada de Carles Pérez pola dereita, busca o centro e anticípase o porteiro Rui Silva
Reclama penalti o Celta por unha man. Ortiz Arias non asubía nin acode ao VAR.
Borja Iglesias derruba a Strand Larsen. Agora si, penalti moi claro.
1-1 GOOOOOOL de Iago Aspas de penalti
Mingueza proba desde a frontal pero atrapa Rui Silva
Isco volve aparecer cun pase cara a Ayoze que tira moi desviado
Falta que saca Iago Aspas pero marchou moi alta
Centro de Isco que se pasea pola área cativa. Isco é o xogador que pode decidir a prol do Betis.
Tempo de lecer. Comezou moi mal o partido para o Celta pero remendouno co gol de penalti de Aspas (non marcaba na casa desde o mes de marzo). Primeira metade moi igualada.
Principiou a segunda metade!!!!
Primeiro proba Tapia e logo Strand Larsen. Bos minutos de inicio do equipo de Benítez.
Contra que chega a pés de Iago Aspas pero o de Moaña non é quen de resolver.
Marcha o ex-xogador do Celta Borja Iglesias e entra William José
Agora é Carles Pérez o que busca o lanzamento desde a frontal
Lanzamento desviado de Luiz Enrique. Mellora o Betis, pero ningún dos dous equipos está a ter ocasións claras.
Unai Núñez interponse nun remate de Altimira e salva ao Celta. O central quedou tirado no chan.
Gol anulado a Strand Larsen por unha falta anterior de Iago Aspas
Haberá 10 minutos de engadido. Na revisión do VAR da xogada de Aspas e Larsen estivo o partido parado durante 7 minutos... E Luiz Enrique remata desviado.
2-1 GOOOOOOOOOOOL de Swedberg. Pase en profundidade de Hugo Álvarez cara ao sueco que canea e marca o gol do Celta.
Defende como pode o Celta. O Betis tivo dous lanzamentos despois dun saque de esquina.
Finaaaal en Balaídos. Apareceu Swedberg para darlle o terceiro triunfo da temporada ao Celta, o segundo grazas a un gol do sueco.