O Osasuna amosa máis feitura de equipo que un Celta con marxe de mellora (0-2)
O Osasuna amosa máis feitura de equipo que un Celta con marxe de mellora (0-2)
O equipo vigués non estivo á altura da pretemporada e viuse superado por un rival máis ordenado e feito
Sotelo foi titular e Gabri Veiga entrou no 74 no que pode ser o último partido en Balaídos
Minuto a minuto
Primeiro XI de Rafa Benítez. Os agardados, agás Cervi como lateral esquerdo e Hugo Sotelo no centro do campo.
Visita Balaídos o Osasuna, equipo revelación da temporada pasada e que gañou en Vigo 1-2 na estrea de Carvalhal.
O Celta comeza a temporada diante do Osasuna. Empeza con ilusión o proxecto do Centenario con Rafa Benítez á fronte.
Comezou o partido!!! Con Hugo Sotelo como titular e Gabri Veiga no banco. Grande entrada en Balaídos.
Clarísima do Osasuna!!! Rematou ao poste Budimir
Aspas gáñalle as costas á defensa do Osasuna, pero o seu remate é desviado a córner.
0-1 Marca Rubén García. Budimir cabecea, salva cun paradón Iván Villar, pero García empurra á rede. Toca remontar.
Cartón para Unai Núñez. Rubén saca a falta e obriga a Iván Villar a facer unha gran parada.
Catena cabecea rozando o pau á saída dun córner
Remata Strand Larsen cruzado e rozando o pau!!!
Acaba a primeira parte con outra ocasión de Budimir. O Osasuna amósase como un rival moi sólido ao que é difícil facerlle ocasións.
Temos en xogo a segunda metade sen trocos en ningún equipo
Remata Bamba á saída dun córner e salva Budimir baixo paus
Perdoa Aspas!!! Recibe no punto de penalti pero desequilíbrano un pouco no remate e acaba lanzando fóra.
Vaise Carles; ao campo, o canteirán Miguel Rodríguez.
Pase de Aidoo a Aspas que remata moi cruzado. A seguir proba Miguel desde a frontal. Acosa o Celta.
Ao campo Gabri Veiga!!! Substitúe a Larsen
0-2 Xogada individual de Rubén Peña, o remate vai ao pau e no rexeite marca Moi Gómez
Luca, Dotor e Manu Sánchez ao campo. Última tentativa do Celta.
Remata o partido en Balaídos. O Osasuna demostrou moitas máis feituras de equipo que un Celta con moita marxe de mellora.