Publicador de contidos
Publicador de contidos

En directo, o Deportivo - Málaga (0-0)

En directo, o Deportivo - Málaga (0-0)

G24.gal 06/10/2024 12:35

Minuto a minuto

O partido entre o Deportivo e o Málaga comeza cun ambiente enrarecido. Os incidentes que provocaron os seareiros máis radicais do cadro malagueño na xornada de onte e esta mañá condicionaron o partido. Agardemos que non haxa problemas dentro do campo ao que accederon os afeccionados con máis de dúas horas de marxe

Xa temos o equipo titular do Málaga 

O Deportivo repite o equipo titular que gañou en Albacete por 2-5

Agardemos que, co comezo do partido, a atención se traslade ao terreo de xogo despois do acontecido nas últimas horas cun grupo de afeccionados do Málaga

1

Comeza o partido en Riazor!

2

Empeza chegando o Málaga. Primeiro un centro sobre Baturina e despois un remate de Manu Molina

7

Ao poste Antoñito!!! Ocasión clara do Málaga e na contra saiu Mella con moita velocidade pero o remate de Yeremay petou nun defensa visitante

9

Agora é Barbero o que remata de cabeza pero marcha desviado por pouco

12

Xogada individual de Yeremay. O remate marcha desviado

15

O remate de Lucas Pérez marcha a rentes do pau!!! Está ameazando moito o equipo de Idiákez

20

A presión de Barbero permítelle recuperar o coiro. O seu remate vai ás mans do porteiro visitante

22

Dobre ocasión do Deportivo. Primeiro Mella e despois Lucas Pérez. Rexeitou o porteiro do Málaga. Leva 8 remates o equipo coruñés

25

Larrubia ... Para Helton. Isto é un ida e volta constante

26

Remata de cabeza Barbero un córner. Chapa o porteiro do Málaga!!

34

Cae na área Obrador. Pide penalti. O árbitro entende que non hai nada e o VAR ratifica a decisión

45

Remata o primeiro tempo sen que o árbitro engada nada. Partido moi entretido ata a media hora (18 remates entre os dous conxuntos) pero sen acerto goleador

46

Comeza a segunda metade en Riazor, co empate sen goles entre o Deportivo e o Málaga

50

Gabilondo remata desde dentro da área, desvía Barcia o balón a córner

51

Penalti de Gabilondo sobre Lucas Pérez

53

O árbitro revisa a xogada no VAR e determina que non houbo penalti. Segue o xogo

62

Centro que chega á altura de Ximo Navarro que remata desviado

69

Ao campo Soriano e Cristian Herrera. O Deportivo non atopa o xeito de meterlle man ao Málaga e fai trocos Idiákez

70

Tentouno Mario Soriano desde lonxe. Entra con forza o centrocampista!!!

71

Rahmani desviado!!!! A mellor do Málaga no segundo tempo cunha cabezada clara do ex do Lugo

73

Gran xogada invidiual de Mella e o remate sácao Alfonso Herrero a córner!!!!

78

Salva Helton o remate de Luismi!!!! Tremeu Riazor nesta ocasión do Málaga

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar