Quiles estrélase contra os paus e o Deportivo non pasa do empate (0-0)
Nun partido de poucas ocasións o equipo coruñés repetiu erros pasados como visitante
Empate sen goles na Línea entre o Linense e o Deportivo nun partido con escasas ocasións de gol. Quiles tivo as mellores pero os seus remates foron ao traveseiro. Por certo, o dianteiro viu o quinto cartón e non xogará contra o Real Madrid Castela a vindeira xornada.
Minuto a minuto
Pepe Sánchez é a gran novidade no equipo deportivista. O central acompañará a Martínez con Lapeña no banco
Gran ambiente para ver o partido. Vai comezar o Linense - Deportivo!!
Quiles ao traveseiro!!!!! Primeira ocasión do Deportivo
Lucas falla o man a man co porteiro do Linense. Moi clara para o Dépor
Falta que saca Lucas rozando o pau
Roza o gol o Linense. Dobre remate, o primeiro salvado por Mackay e o segundo vaise alto
Mellorable a versión do Deportivo no primeiro tempo. Na segunda metade ten que ser máis ambicioso
Segunda parte sen achegamentos claros. O Deportivo, incapaz de superar a defensa do Linense
Quiles ao poste!!!!!! A segunda vez que atopa o ferro o dianteiro