Publicador de contidos
Publicador de contidos

En directo Rácing de Ferrol 1-0 Elxe

En directo Rácing de Ferrol 1-0 Elxe

O equipo ferrolán busca na Malata a primeira vitoria da temporada

Foto: @Laliga Foto: @Laliga
G24.gal 05/10/2024 12:54

Minuto a minuto

Ás 14:00h comeza o partido da Malata entre o Rácing e o Elxe. Xa coñecemos o XI inicial do equipo alacantino

E xa coñecemos tamén o XI inicial de Cristóbal Parralo

 

1'

Comeza o partido na Malata. Rácing 0-0 Elxe

13'

Dobre centro de Álex López desde a dereita. Jáuregi non chega ao primeiro, e Bebé remata moi alto o segundo

18'

Xogada de perigo do Elxe pola banda dereita, o centro quédalle a José Salinas ao bordo da área, pero remata alto

25'

Ocasión do Elxe á saída dunha falta, que remata cunha cabezada desviada de Mourad

28'

GOOOOOOOOOOOL do Rácing!!!!!!!! Gran contra do equipo local, e Jáuregi, que queda totalmente so, bate a Dituro no man a man. Rácing 1-0 Elxe

35'

Lesiónase na coxa Luis Perea, que ten que deixar o campo

45+4'

Descanso na Malata. Rácing 1-0 Elxe

46'

Comeza a segunda metade na Malata coa vitoria momentánea do Rácing por 1-0 diante do Elxe

47'

Primeiro disparo lonxano de Agustín Álvarez, sen problemas para Jesús Ruiz

53'

Remata desde a área Barzic logo dunha boa combinación do Elxe, e Jesús Ruiz envía a córner

54'

O córner a prol do Elxe finaliza cun remate ás nubes que ten que enviar fóra Jesús Ruiz porque ía cara adentro

55'

GOL do Elxe. O segundo córner consecutivo remátao Barzic coa cabeza ao fondo da rede. Rácing 1-1 Elxe

56'

Ollo, porque o gol non sube ao marcador. Tras consulta co VAR, queda anulado por fóra de xogo no primeiro rexeitamento do córner. Segue o Rácing 1-0 Elxe

60'

Remate de Nico desde a frontal, por riba do traveseiro

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade