España aplicará dende este sábado control sanitario aos voos procedentes da China
Consistirán nunha revisión documental, visual e de temperatura e na realización dunha proba diagnóstica de infección activa por SARS-CoV-2

España poñerá en marcha este sábado as medidas de control sanitario a pasaxeiros procedentes de voos coa orixe na China, segundo informou esta noite o Ministerio de Sanidade.
Deste xeito, equipos de Sanidade Exterior, en coordinación co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a través de AENA, realizarán a estes pasaxeiros controis sanitarios nos aeroportos de entrada a España, que consistirán nun control documental, visual e de temperatura e na realización dunha proba diagnóstica de infección activa por SARS-CoV-2.
O primeiro voo afectado por estas medidas adoptadas polo Goberno chegará ao aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barallas ás 18:00 horas.