Publicador de contidos
Publicador de contidos

A axuda a Ucraína marca o primeiro cumio hispano-romanés en Castelló

A axuda a Ucraína marca o primeiro cumio hispano-romanés en Castelló

En decembro España despregará en Romanía 130 efectivos, 8 avións F-18, un radar de vixilancia aérea xunto e 38 efectivos para o seu manexo

Romanía é o membro da Unión Europea que ten a maior fronteira con Ucraína

Antón Montero 23/11/2022 16:21 Última actualización 23/11/2022 20:26

Hai máis de 140 anos que España e Romanía manteñen relacións diplomáticas, pero o de Castelló foi o seu primeiro cumio bilateral. E iso que os romaneses son o segundo colectivo emigrante máis numeroso no noso país.

Ese máis dun millón de cidadáns serían os beneficiarios do acordo de dobre nacionalidade para o que hoxe os dous países deron os primeiros pasos. 

"É unha testemuña clara de como o Goberno de España e os cidadáns españois valoran a relación co estado romanés e aprecian os seus concidadáns", di Nicolae Ciuca, primeiro ministro de Romanía.

Romanía é o membro da Unión Europea que ten a maior fronteira con Ucraína. Por iso a asistencia militar preventiva tamén figurou na orde do día.

"A partir do 1 de decembro imos despregar en Romanía 130 efectivos e 8 avións F-18, tamén un radar de vixilancia aérea xunto cos 38 efectivos para o seu manexo que xa se atopan en Romanía", anunciou o presidente español Pedro Sánchez.

Pedro Sánchez expresou o seu apoio á entrada de Romanía no espazo Schengen de libre circulación de persoas dentro da Unión. Ademais, os 12 ministros participantes no cumio asinaron 7 memorandos de entendemento en materia laboral, sanitaria ou cultural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade