Experiencia para o lateral esquerdo do Deportivo coa fichaxe de Balenziaga
Experiencia para o lateral esquerdo do Deportivo coa fichaxe de Balenziaga
O xogador de 35 anos baixa do Athletic, na Primeira División, á Primeira Federación
Mikel Balenziaga xa é xogador do Deportivo para a vindeira temporada. O lateral esquerdo vasco (35 anos) baixa da Primeira División, na que estivo na última década, á Primeira Federación.
Balenziaga ten unha grande experiencia na máxima categoría (268 partidos en Primeira) e xogou as dez últimas temporadas no Athletic Club. Ben é certo que nesta última campaña apenas tivo participación (só tres partidos).
Formouse na Real Sociedade e protagonizou en 2008 un traspaso ao gran rival, o Athlétic. Estivo cedido no Numancia e no Valladolid, equipo co que fixo dúas grandes temporadas e gañou o dereito a regresar a Bilbao. Durante catro anos foi o dono do carreiro esquerdo da defensa en San Mamés. Logo tería que alternar con outros xogadores, pero sempre foi un elemento de peso no vestiario.