Publicador de contidos
Publicador de contidos

Francia vence a Inglaterra (2-1) e xogará a semifinal contra Marrocos

Francia vence a Inglaterra (2-1) e xogará a semifinal contra Marrocos

Inglaterra tivo as súas opcións e mesmo puido forzar a prórroga cun penalti errado por Kane

G24.gal 10/12/2022 22:37

Inglaterra e Francia non especularon e ofreceron unha eliminatoria de cuartos de final igualada e intensa a partes iguais. Pero, á hora da verdade, Francia foi máis efectiva nas dúas áreas, e iso fixo que se acabase clasificándose e citándose con Marrocos para as semifinais.

Abriu o marcador Tchuameni. Ían 17 minutos cando o madridista conectou un disparo espectacular que non puido sacar Pickford.

 

Despois do gol, Francia recuou, e Inglaterra entrou na súa mellor fase do partido. Malia a isto, houbo que agardar á segunda metade para ver o gol do empate, logo dun penalti cometido por Tchuameni que transformou Harry Kane.

Co empate, Inglaterra tivo opcións de completar a remontada, pero entón apareceu Giroud para rematar un centro de Griezmann. O balón petou en Maguire e converteuse no 2-1.

 

Os ingleses aínda non dixeran a última palabra e, logo dunha acción de Theo Hernández revisada polo VAR saíu outra pena máxima. Desta volta, Harry Kane non puido transformala. Rematou por riba do traveseiro. Na compensación aínda tivo a última o equipo de Southgate. Rushford lanzou unha falta ben preto da escuadra. Xa non se moveu o marcador. Francia xogará a semifinal mundialista contra Marrocos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade