Cargando resultados...
Fusiónanse as candidaturas Renova e Xeración para desbancar a Iván Corral
Fusiónanse as candidaturas Renova e Xeración para desbancar a Iván Corral
Troitiño: "Temos que acabar cos 40 anos de mandato de Corral, no futuro todos opinarán"
G24.gal
25/05/2022 14:33
Última actualización 25/05/2022 14:53
Hai cambios na campaña ás eleccións pola presidencia á Federación Galega de Automobilismo: fusiónanse as candidaturas Renova e Xeración.
Son as candidaturas que lideran o lalinense Toño Troitiño e o carballiñés Alfonso Eiriz. Renova e Xeración optan pola fusión para pelexarlle a Iván Corral, o actual mandatario, a presidencia da federación.
Toño Troitiño será quen encabece a lista nas eleccións a celebrar o próximo catro de decembro. Troitiño e Eiriz son a oposición a Iván Corral.
"Temos que acabar cos 40 anos de mandato de Corral, no futuro todos opinarán"
Eiriz: "O obxectivo común é o ben do automobilismo galego, a realidade pasa por esta fusión"