Giráldez: "Afrontamos cada partido para ser protagonistas e asumindo riscos"
Giráldez: "Afrontamos cada partido para ser protagonistas e asumindo riscos"
Cre que o equipo está preparado para derrotar o Atlético de Madrid
Non confirmou se dará descanso de partida a Iago Aspas
Claudio Giráldez proponse manter mañá a súa serie como local gañando ao Atlético de Madrid, o duelo máis complicado para o Celta no que vai de tempada.
“Todos os equipos son gañables, teñen as súas debilidades. Tivemos dous ou tres días para preparar o partido. A xente interpretouno moi ben e oxalá podamos plasmar maña ao que estamos a facer no adestramento. Temos que estar ao noso mellor nivel en todas as situacións do xogo".
Boa parte da comparecencia de Giráldez virou ao redor do gran número de goles que o Celta está a encaixar, especialmente fóra de casa, no seu maior parte de centros laterais que o rival remata coa defensa ben posicionada.
“Imos afrontar cada partido coa idea de ser protagonistas, asumindo riscos. Non imos cambiar. Cando asumes riscos pódeche penalizar, pero creo que nos está penalizando máis do que é lóxico”, puntualizou o porriñés.
O técnico louriñés cualificou, por último, como “unha burrada” os 500 partidos que Iago Aspas cumprirá mañá coa casaca do Celta.
“Vémolo como algo normal, pero é unha barbaridade. Vai acabar con todos os rexistros do club, non teño ningunha dúbida. Hai que ser moi ben para estar tanto tempo a ese nivel”, valorou.
Non confirmou se dará descanso de partida ao goleador de Moaña.