Giráldez: "Gañar un derbi tras unha prórroga pode supoñer un pulo ao equipo"
Giráldez: "Gañar un derbi tras unha prórroga pode supoñer un pulo ao equipo"
O técnico do xuvenil celeste analizou o triunfo ante o Deportivo na eliminatoria de Copa
Noventa minutos máis unha prórroga fixeron falta na Madroa para dirimir o vencedor da eliminatoria de Copa do Rei que enfrontou a Celta e Deportivo. Finalmente saíu triunfante o conxunto local. O técnico Claudio Giráldez analizou o partido xunto a Roberto Carlos Carballo na Radio Galega.
"É unha pena que nesta primeira eliminatoria se enfrontasen dous equipos do mesmo grupo da División de Honra. Custou moito gañarlles. Son o mellor equipo co que nos enfrontamos en Liga. Gañar un partido así, nun derbi, eliminatoria, ao noso máximo rival da liga regular seguro que supón algo máis que un simple triunfo. Pero como se viu no primeiro tempo, temos marxe de mellora".