O Deportivo xuvenil queda eliminado da Copa na quenda de penaltis
O Deportivo xuvenil queda eliminado da Copa na quenda de penaltis
Empatou en Mallorca (1-1) ao final dos 120 minutos
Os dous equipos atinaron os dez lanzamentos da quenda e o porteiro do Mallorca decidiu na morte súpeta cunha parada e un gol
O Deportivo xuvenil quedou ás portas de entrar na Final Four da Copa. Foi eliminado na eliminatoria xogada a partido único no campo do Real Mallorca. Aguantou ata a morte súbita na quenda de penaltis, pero acabou perdendo no sexto lanzamento.
O partido rematou con empate a un. Os goles marcáronse nun intervalo de cinco minutos. Adiantouse o Mallorca cun autogol de Amin no minuto 23, unha xogada moi desafortunada en que despexou un centro desde a dereita e acabou entrando pola escuadra. No 28 igualou o cadro deportivista grazas a un remate axustado do lateral Álvaro.
O partido foi á prórroga e, logo dun grande esforzo dos dous conxuntos, resolveuse na quenda de penaltis. Tanto o Deportivo como o Mallorca atinaron nos cinco lanzamentos. E foi o porteiro local Jan Pol o protagonista ao parar o primeiro da morte súbita e atreverse e transformar o sexto lanzamento do seu equipo.