Cargando resultados...
Fran Alonso dirixirá o Deportivo Abanca
Fran Alonso dirixirá o Deportivo Abanca
Dirixiu equipos femininos en Inglaterra, Escocia e os Estados Unidos
G24.gal
24/11/2024 21:00
O Deportivo Abanca xa ten o substituto para Irene Ferreras. Trátase de Fran Alonso, un técnico madrileño que fixo carreira nas Illas Británicas. Alonso (1976) comezou como asistente de Pochettino e Ronald Koeman cando estaban na Premier League. Ese papel deixou de ser secundario cando asumiu o mando do Southampton feminino.
Os seus maiores éxitos chegaron á fronte do Celtic de Glasgow feminino co que gañou unha Copa da Liga e dúas Copas escocesas. O Celtic foi un habitual na Champions feminina mentres estivo de director técnico. A súa última experiencia foi nos Estados Unidos dirixindo o Houston Dash co que rematou o contrato hai uns meses.