Giraldez "Isto é froito do traballo de canteira de moito tempo. Temos que desfrutalo"
Giraldez "Isto é froito do traballo de canteira de moito tempo. Temos que desfrutalo"
O técnico do Celta Xuvenil valora o pase á fase final da Copa do Rei
A pesar de comezar perdendo, o conxunto olívico foi quen de remontar e meterse nas semifinais do torneo do KO na categoría xuvenil. O técnico Claudio Giráldez falou coa Radio Galega ao remate do encontro.
"Xa amosamos ao longo da temporada que temos recursos para darlle a volta aos partidos. Os rivais xa nos coñecen, apertan. Tiñamos claro que era un encontro de madurar, e de sacalo adiante no segundo tempo. Agora temos que desfrutalo"
Betis, Real Madrid e Espanyol son os outros tres equipos clasificados para unha fase final que se podería celebrar en Galicia. A Federación Galega solicitará ser sede deses partidos. Giráldez quere ser cauto.
"Sería importante xogar aquí, por estar preto dos nosos, co apoio da afección, pero é certo que a porcentaxe é moi baixo ante esas alturas. Os equipos serán seguro complicados. Hai que preparar o partido. Isto é froito do traballo de moitos anos de canteira e temos de desfrutalo. Ás veces xúntanse boas xeracións coma esta"