Giráldez, sobre As Palmas: "Sairá de aí abaixo porque ten talento"
Giráldez, sobre As Palmas: "Sairá de aí abaixo porque ten talento"
Jailson será baixa por problemas no adutor
Claudio Giráldez, adestrador do Celta, está convencido de que a UDE As Palmas superará o mal momento que atravesa –é o único equipo da Liga que aínda non gañou e encadea 22 xornadas sen gañar- porque ten “talento” para non pelexar por evitar o descenso.
“Non teño ningunha dúbida de que sairá de aí abaixo, porque ten talento. O ano pasado, ata os últimos dez partidos, estiveron a loitar por Europa. Iso fala dunha maneira de xogar, dun estilo e duns xogadores cun nivel moi alto”, sinalou en conferencia de prensa.
Para o técnico galego, é “inxusto” que se analice a estatística negativa do seu próximo rival contando os partidos do curso pasado -non gaña desde o mes de febreiro- porque “cada tempada é un mundo e ademais eles cambiaron de adestrador e a varios xogadores”.
“Creo que tamén tivo un calendario complicado. Nesta tempada, en casa, só perderon un partido dos catro que xogaron, con partidos hipercomplexos contra Real Madrid, Betis, Sevilla, Athletic. Deses catro só perdeu contra o Athletic”, lembrou.
Giráldez incidiu nos seus eloxios ao equipo dirixido por Luis Carrión.
“Está nese proceso de construción, do coñecemento do adestrador aos xogadores. Para min fai moitas cousas ben, teñen talento ofensivo e unha maneira de xogar que é moi difícil de defender e de axustar”.
Jailson será baixa por problemas no adutor.