Cargando resultados...
Henar e Laura Fernández saíron do hospital de Granada e descansan na Coruña
Henar e Laura Fernández saíron do hospital de Granada e descansan na Coruña
As dúas xogadoras do Deportivo chocaron cabeza con cabeza no partido da fin de semana e tiveron que pasar a noite en observación
G24.gal
16/01/2023 21:41
O Deportivo feminino venceu en Granada grazas a un gol de Ainhoa Marín e o equipo segue coma líder da 1ª REF feminina. Pero no partido xogado en terras andaluzas viviuse un tremendo susto co choque entre Henar Muiña e Laura Fernández.
O golpe, cabeza con cabeza, foi durísimo e as dúas xogadoras tiveron que quedar hospitalizadas en Granada. Este luns, tras recibir a alta médica, xa puideron viaxar á Coruña onde tentarán recuperarse para estar dispoñibles para o vindeiro partido do cadro deportivista, que veremos o sábado ao mediodía na G2.