Icardi evita a derrota do Paris Saint-Germain (1-1)
Icardi evita a derrota do Paris Saint-Germain (1-1)
Sergio Ramos foi expulsado nos de Pochettino
Na liga francesa, o París Saint-Germain acabou o ano cun tropezo e coa expulsión de Sergio Ramos. Vímolo na nosa segunda canle.
Os de Pochettino non pasaron do empate ante o Lorient, penúltimo clasificado. Os locais tomaron a dianteira con este golazo de Monconduit a cinco minutos do descanso. Disparo imparable para Keylor Navas.
Ramos entrou na segunda metade e en apenas 4 minutos viu dous cartóns amarelos. O primeiro amarelo por facer esta prancha, o que lle custou a expulsión foi por unha obstrución. A pesar das protestas segundo amarelo e ao vestiario. Primeira expulsión de Ramos en Francia.
Cun home menos, o Paris Sant-Germain salvou os mobles con este gol de Icardi no tempo engadido. Os parisienses rematan a 1ª volta con 13 puntos de vantaxe sobre o Niza e o Marsella.