O Domingo de Ramos marca o inicio da Semana Santa de Ferrol
O Domingo de Ramos marca o inicio da Semana Santa de Ferrol
Hai programadas 23 procesións ata o Domingo de Resurrección
Dúas procesións bulideiras e coloridas abriron o Domingo de Ramos da Semana Santa de Ferrol, a edición máis agardada das últimas décadas despois de dous anos sen desfiles pola pandemia.
As confrarías das Angustias e de Dores rememoraron a entrada de Xesús en Xerusalén tras a tradicional bendición das palmas e os ramos. Foi o comezo dun programa de actos declarado desde 2014 de Interese Turístico Internacional, con 23 procesións nas que participarán máis de 3.000 persoas, a suma dos confrades das cinco irmandades da cidade e dos músicos das bandas que as acompañan.
Había moitas ganas da Semana Santa, un estímulo importantísmo para a hostalería da cidade, que está preparada para recibir miles de visitantes nos próximos días. Na maioría dos hoteis xa non quedan cuartos libres a partir do Xoves Santo.
O Domingo de Ramos pecharase coa procesión do Ecce Homo, que organiza a confraría da Soidade.