Cargando resultados...
Vigo vivirá esta tarde a multitudinaria procesión do Cristo da Vitoria
Vigo vivirá esta tarde a multitudinaria procesión do Cristo da Vitoria
Poderáse ver pola TVG desde as 19:25
G24.gal
04/08/2024 14:17
Cada primeiro domingo de agosto Vigo cambia de pel. A devoción, os exvotos e as candeas enchen o percorrido da Procesión do Cristo da Vitoria, unha das máis multitudinarias de Galicia. Desde hai séculos moitos vigueses pídenlle pola súa saúde ou pola solución dos seus problemas. Outros van ofrecidos ou conservan a tradición que herdaron dos seus pais e avós.
Pero ademais do acto social e relixioso desta tarde, que poderá ser seguido en directo pola TVG moitos son os que fan o percorrido pola mañá para evitar os tumultos e a calor.
Como cada ano esta tarde o Cristo volverá gozar da súa gran xornada acompañado nas rúas de Vigo por milleiros de fieis.