Publicador de contidos
Publicador de contidos

As vilas mariñeiras celebran o Día do Carme por todo o alto

As vilas mariñeiras celebran o Día do Carme por todo o alto

Localidades como Camariñas, Foz ou Bueu festexan o día da patroa das xentes do mar con flores e procesións

Procesión marítima en Camariñas
G24.gal 16/07/2024 16:09

A festa do Carme é a celebración mariñeira por excelencia en Galicia. É a patroa do mar e dos homes que viven del. Hoxe no día grande da Virxe, practicamente toda a comunidade honra a Virxe dun xeito ou outro, pero o mar segue a ser o lugar onde se lle fai o tributo máis grande.

Camariñas leva baixo a danza dos mozos da vila ata os barcos a patroa. Foz engalana as rúas con flores para que a Virxe do Carme chegue ata o porto pisándoas. Este 16 de xullo poucas vilas mariñeiras non honran a patroa do mar.

Procesión en Foz Procesión en Foz

A xente do mar de Camariñas festexa con paixón e devoción a súa patroa, a Virxe do Carme. Os nervios xa comezaban o día anterior, engalanando os barcos con bandeiras e cintas de cores.

Veciños e turistas chegados de todos os puntos do país desfrutan dos actos desta xornada. Despois da misa, e baixo o son das gaitas, os mozos da vila bailan a danza dos arcos.

Subida a Virxe ao barco, comeza a procesión marítima, na que a frota percorre a ría ata Muxía. A medio camiño faise a ofrenda floral polos mariñeiros falecidos. Lánzase unha coroa á auga e os barcos dan voltas ao redor.

A Estrela dos Mares ou a Gardiá dos Pescadores tamén recibiu esta mañá a devoción e o fervor dos mariñeiros de Foz e a Mariña lucense.

A devoción á Virxe do Carme tamén é enorme no Morrazo. En Bueu, as alfombras florais non son só patrimonio do Corpus e nesta vila levan esta tradición á contorna da lonxa.

Alfombras florais en Bueu Alfombras florais en Bueu

A maioría dos motivos dos tapices están vinculados ao mundo mariñeiro, a tal punto que incluso usan cunchas nos deseños, recreando artisticamente o que podería ser unha sorte de procesión de flores en terra, en homenaxe á patroa do mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar