Íker Losada aposta por seguir medrando no Racing de Ferrol
Íker Losada aposta por seguir medrando no Racing de Ferrol
O xogador da canteira do Celta aceptou a oferta do cadro departamental en Segunda División
Iker Losada (Catoira, 2001) seguirá no fútbol galego. O Celta decidiu non renovalo porque xa rematara o ciclo no filial e non tiña cabida no primeiro equipo.
Losada tiña ofertas de varios equipos pero decide seguir medrando en Galicia. Xogará a vindeira temporada no Racing de Ferrol, no proxecto en Segunda División do conxunto departamental.
O de Catoira acaba de facer a mellor temporada da súa carreira. Marcou nove goles nun equipo que xogou a fase de ascenso e capitaneou a un dos equipos que mellor fútbol desenvolveu na categoría de bronce. Íker Losada tivera unha estrea fugaz pero sonada no primeiro equipo. En idade xuvenil marcáralle un gol ao Real Madrid no primeiro partido oficial como celeste.