Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iker Losada asina polo Betis ata o ano 2029

Iker Losada asina polo Betis ata o ano 2029

O de Catoira formouse no Celta e brillou a temporada pasada no Racing

G24.gal 06/07/2024 13:20

Iker Losada xa é, a todos os efectos, xogador do Real Betis. O de Catoira estampou a sinatura no contrato que o vai unir a un dos equipos máis importantes no fútbol español ata o ano 2029. O Betis pagaralle ao Racing 1,8 millóns, a cantidade estipulada na súa cláusula pero logo dun acordo entre as dúas entidades. 

Losada formouse no Celta co que chegou a debutar no primeiro equipo marcando un gol diante do Real Madrid. Destacou no filial durante varias campañas pero esa xanela do cadro principal non chegou a abrirse completamente.

O ano pasado decidiu dar un paso na súa carreira e abandonou Vigo para ir cara a Ferrol. O cambio sentoulle como anel no dedo porque os resultados non puideron ser mellores. Losada foi titular indiscutible, un dos goleadores do equipo e o principal xerador de fútbol ofensivo ás ordes de Cristóbal Parralo. Iso espertou o interese de varios equipos de Primeira. O Xetafe preguntou por el pero foi o Betis o que apostou con máis forza. 

O contrato, de cinco anos de duración, busca unha aposta de futuro dun xogador que ten moita marxe de mellora por diante. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos