Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Porriño sentencia a eliminatoria europea no partido de ida (36-21)

O Porriño sentencia a eliminatoria europea no partido de ida (36-21)

Ao descanso xa dominaba por sete goles e a diferenza acabou sendo de quince goles

Micaela Casasola marcou 10 goles

G24.gal 04/10/2024 22:01

O Conservas Orbe Zendal Porriño sentenciou a eliminatoria de 1/32 de final da EHF European Cup no partido de ida. O equipo galego demostrou ser moi superior ao Brixen Sudtirol italiano ao que derrotou por quince goles de vantaxe (36-21).

A estrea europea non afectou ao cadro porriñés. Os primeiros dez minutos foron igualados pero a partir do 15 comezou a rachar o encontro (7-3). No minuto 22 a diferenza xa se ía ata os 7 goles (12-5) que se mantería no descanso (17-10). 

O Sudtirol perdeu folgos conforme pasaban os minutos. Na segunda parte apareceu a facilidade goleadora de Micaela Casasola para levar a vantaxe ata os dez goles (25-15) e xa non baixaría desa distancia. O resultado marcou quince goles arriba para o Porriño, unha diferenza que semella imposible de remontar para o equipo italiano. O segundo partido xogarase o domingo, tamén no pavillón porriñés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade