Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vitorias dos dous equipos galegos na Liga Guerreras Iberdrola

Vitorias dos dous equipos galegos na Liga Guerreras Iberdrola

O Porriño derrotou o Granollers por 25-22, nun partido moi duro e igualado

O Mecalia Guardés impúxose ao Zuazo con claridade por 30-20

G24.gal 22/09/2024 11:14

O Mecalia Guardés impúxose por 30-20 ao Zuazo na terceira xornada da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán feminino. As do Baixo Miño resolveron no segundo tempo logo dunha primeira parte igualada (13-10 ao descanso). O Guardés encadeou un parcial de 8-1 (do 18-15 ao 26-16) que acabou co partido. Elena Martínez, con 9 goles, foi a xogadora máis destacada das locais. 

Máis sufrido foi o triunfo do Conservas Orbe Zendal Porriño (25-22). Perdía ao descanso por 13-14 e o partido entrou empatado nos últimos dez minutos (22-22). As xogadoras do Granollers tiveron moitos problemas en ataque nese intre decisivo e o Porriño sentenciou con dous goles da internacional Paulina Buforn. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar